martes, 31 de outubro de 2023
FESTA DE MAGOSTO E SAMAÍN
Clicade na imaxe para ver algunhas fotos da xornada
E tamén podedes ver máis fotos e vídeos na web do colexio.
luns, 30 de outubro de 2023
PRESENTACIÓN TITORES E TITORIZADOS PROGRAMA TEI
Hoxe foi un día moi emocionante porque por fin coñecemos aos nosos titores e titoras de 5º de EP.
Tivemos que buscalos emparellando as nosas pegatinas de Samaín que tiñamos nas costas, pero era un xogo en silencio, polo que foi un pouco máis difícil. Aínda así, conseguímolo axiña!
Despois coñecémonos un pouco máis compartindo os nosos gustos, aficións, cualidades e ata os nosos medos.
Moitas grazas, titores e titoras! Seguro que nos axudades moito...
Pinchade na imaxe para ver as fotos
venres, 27 de outubro de 2023
NOVAS LECTURAS
Estes días continuamos compartindo as nosas lecturas favoritas.
Moitos parabéns para Lucía, Nico, Eire e Teo!
xoves, 26 de outubro de 2023
EMOCIÓNS EN PERIGO. FOTOGRAFÍAS DE TIM FLACH
Hoxe realizamos unha visita- obradoiro chamada Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate, na sede de Afundación da Coruña.
Primeiro asistimos á exposición Emocións en perigo, na que puidemos ver as fotos de Tim Flach, unha selección de retratos de animais en perigo de extinción realizadas co obxectivo de fomentar a empatía cos retratados. Imaxes impactantes que nos encantaron e que espertaron a nosas emocións. Coñecemos a varios animais que se atopan en perigo por diferentes causas e buscamos, da man da tartaruga CURA CURA, algunhas solucións que poderían salvalos.E despois realizamos un obradoiro STEAM de arte, robótica e natureza, no que fixemos maxia...porque utilizando o programa SCRATCH puidemos escoitar o axolote, un peixe moi especial do que aprendemos moito.
Pinchade na imaxe para ver fotos e vídeos da xornada
martes, 24 de outubro de 2023
PRESENTACIÓN PROGRAMA TEI
Os nenos e nenas de 3º de EP seremos titorizados polo alumnado de 5º de EP.










.png)














