venres, 28 de xaneiro de 2022

CULTIVAMOS A PAZ





 Ola! Hoxe celebramos o Día da paz e non violencia continuando co camiño emprendido o ano pasado prantando árbores, pero este ano creamos a nosa árbore simbólica da paz que quedará no cole para ser un punto de calma, diálogo e reflexión. O noso lema foi Cultivamos a paz, e segundo os obxectivos do proxecto de consumo responsable, empregamos os anacos de tea que cada familia aportou para adornar a árbore e deseñar unhas preciosas pulseiras.

Ademais fixemos varias actividades plásticas, recitamos unha poesía acompañados de Breixo e a súa música e bailamos a danza da Paz de Mamá Cabra, para rematar co baile que preparou a profe de Música.

Unha xornada moi completa e enriquecedora. Parabéns a todos e todas polo voso traballo e actitude!

Pinchade na ligazón para ver máis fotos e vídeos:

PAZ
 











Ningún comentario:

Publicar un comentario