venres, 21 de xaneiro de 2022

ELECCIÓNS NA CLASE

Estes días estudamos na clase as localidades e o goberno do municipio, e para entender mellor como funcionan as eleccións municipais, fixemos o noso propio proceso electoral. 

Os candidatos a concelleiros e concelleira presentaron as súas propostas e iniciaron a campaña.






     E por fin chegou o día das votacións...

      O noso Secretario, Enzo, fixo reconto de votos...

   
   E así Daniela foi elixida alcaldesa!
 

             Os outros candidatos, Breixo, Marco,Adriano, Yago, Pelayo, Iago, Antony e Joao,  foron nomeados concelleiros. 


       E Leila, Fran, Gabriel, Dante, Mía, VIcky, Valeria e Carla ocuparon diferentes postos  de servizos municipais.

   Foi unha actividade moi interesante e divertida coa que aprendemos moito. 

Parabéns a todos e todas! Fixéstelo xenial!            
 

                    

Ningún comentario:

Publicar un comentario