Nos seus zapatos é unha actividade do Programa TEI, que ten como obxectivo valorarse positivamente, tanto a un mesmo como ao que se ten, aprendendo a importancia da actitude coa que se enfrontan as dificultades e de saber poñerse no lugar dos demais.
A partires dun vídeo, os nenos e nenas reflexionaron por grupos para despois poñer en común as súas conclusións. Despois foron apuntando durante a semana esas cousas positivas, que nos fan felices ou que nos fan sentir ben. Continuaremos traballando este tema nas próximas semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario