Continuamos coa viaxe polas nosas raíces, visitando República Dominicana con Ana, a nai de Antony; cruzamos o Atlántico para chegar a esta illa tan bonita e con tantas paisaxes paradisíacas.
Ana fixo un percorrido polos feitos máis importantes da historia deste país e o significado da súa bandeira e do seu escudo. E aprendemos cousas moi interesantes, como que a illa que comparten Haití e República Dominicana foi descuberta por Cristóbal Colón na súa primeira viaxe a América.
E sabíades que o establecemento do 25 N como Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, ten a súa orixe na historia das irmás Mirabal, tres mulleres loitadoras da República Dominicana?
Tamén nos falaron da súa gastronomía, monumentos e praias, como a Praia de Arroyo Salado, que tanto lle gusta a Antony visitar.
Pero o que máis lle gusta a Antony , e dos que sabe moitas cousas, son os animais, por iso contounos que todos os anos miles de baleas achéganse ás augas cálidas da República Dominicana para ter as súas crías; a baía de Samaná convírtese así nun dos escenarios máis espectaculares da natureza.
Tiñamos como sempre moitas preguntas e curiosidades que foron contestando, e, para rematar, un pouco de música dominicana.
Unha visita moi interesante, que nos encantou! Moitísimas grazas pola colaboración e parabéns!
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión
Ningún comentario:
Publicar un comentario