venres, 16 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS

 

Hoxe desfrutamos do noso Festival das Letras Galegas, esperamos que vos gustara moito, pois preparámolo con moita ilusión.

Se pinchas na pandeireta poder ver as fotos da xornada.










xoves, 15 de maio de 2025

CAPITÁN MAREAS

 Hoxe pasamos unha xornada de mañán espectacular na lonxa de Sada. Aprendimos moitas cousas sobre os peixes, o marisco, o camiño que fai o peixe desde que chega nos barcos ao porto de Sada. Puidemos tocar os peixes e aprender a diferencia entre o peixe azul e o blanco. Tamén nos contaron que información temos que ver na tarxeta informativa que ven no peixe, así como o control de calidade que ten que ter o peixe ata chegar aos lugares de venta. Aprendimos que es Sada faise pesca de cerco e que antigamente o noso porto era un dos máis importantes e referente en toda esta zona. 

Ademáis, aprendimos a elaborar un menú saludable e a súa importancia para o benestar físico e mental. pero non pensedes que foi solo teórico, non non, tivemos que poñernos mans á obra cun mandíl e elaborar os platos saudables que foron abaliados polos expertos.

Finalmente, contamos coa elaboración dun plato degustación da man de Lolo Mosteiro, chef de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos). Explicounos a súa preparación e elaboración paso a paso e despois tivemos que emplatalo antes de podelo comer. 

A que non sabedes con que ingrediente foi preparado? con sardiña!

Aínda que ao principio non nos apetecía moito o de comer peixe, ao final repetimos tantas veces que Lolo tivo que facer máis.

Pasámolo moi ben e aprendimos moito!

Pincha na imaxe e poder ver a fotos e os vídeos da xornada.











martes, 13 de maio de 2025

As Cantareiras

 Hoxe tivemos un obradoiro de cantareiras na aula cunha cantareira moderna. Falounos da importancia das cantareiras na transmisión da nosa cultura galega, de como o facían e qué utilizaban para tocar, porque non había as pandeiretas modernas que hai ahora e utilizaban cunhas, tixolas, botellas e todo aquilo que lles servía para facer música.

Tamén nos ensinou como se recopilou toda a información sobre as cantareiras, un traballo de campo de búsqueda e entrevistas que reproducios na clase. Por un intre, convertémonos en investigadores e investigadoras e fixemos unha entrevista a unha cantareira para recopilar información.

Se pinchades na imaxe, podedes ver as fotos e algún vídeo da xornada.







venres, 9 de maio de 2025

Obradoiro de habiliades en bicicleta

 

Dentro do Plan Proxecta de Mobilidade segura e Sostible, o alumnado de 3º participou nun obradoiro de habiliades para aprender a andar en bicicleta e patinete.

Pinchade na imaxe para ver as fotos de cada curso.