Hoxe pasamos unha xornada de mañán espectacular na lonxa de Sada. Aprendimos moitas cousas sobre os peixes, o marisco, o camiño que fai o peixe desde que chega nos barcos ao porto de Sada. Puidemos tocar os peixes e aprender a diferencia entre o peixe azul e o blanco. Tamén nos contaron que información temos que ver na tarxeta informativa que ven no peixe, así como o control de calidade que ten que ter o peixe ata chegar aos lugares de venta. Aprendimos que es Sada faise pesca de cerco e que antigamente o noso porto era un dos máis importantes e referente en toda esta zona.
Ademáis, aprendimos a elaborar un menú saludable e a súa importancia para o benestar físico e mental. pero non pensedes que foi solo teórico, non non, tivemos que poñernos mans á obra cun mandíl e elaborar os platos saudables que foron abaliados polos expertos.
Finalmente, contamos coa elaboración dun plato degustación da man de Lolo Mosteiro, chef de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos). Explicounos a súa preparación e elaboración paso a paso e despois tivemos que emplatalo antes de podelo comer.
A que non sabedes con que ingrediente foi preparado? con sardiña!
Aínda que ao principio non nos apetecía moito o de comer peixe, ao final repetimos tantas veces que Lolo tivo que facer máis.
Pasámolo moi ben e aprendimos moito!
Pincha na imaxe e poder ver a fotos e os vídeos da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario