Hoxe tivemos un obradoiro de cantareiras na aula cunha cantareira moderna. Falounos da importancia das cantareiras na transmisión da nosa cultura galega, de como o facían e qué utilizaban para tocar, porque non había as pandeiretas modernas que hai ahora e utilizaban cunhas, tixolas, botellas e todo aquilo que lles servía para facer música.
Tamén nos ensinou como se recopilou toda a información sobre as cantareiras, un traballo de campo de búsqueda e entrevistas que reproducios na clase. Por un intre, convertémonos en investigadores e investigadoras e fixemos unha entrevista a unha cantareira para recopilar información.
Se pinchades na imaxe, podedes ver as fotos e algún vídeo da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario