Hoxe continuamos cos nosos contacontos na biblioteca.
Parabéns, estádelo facendo xenial!
Hoxe tivemos unha charla de alimentación dentro do programa ofertado pola AECC " Snack LAB". O obxectivo é fomentar o consumo de almorzos saudables entre o noso alumnado, polo que Rosa explicounos como podiamos mellorar as nosas merendas e facelas máis sas.
Preparados para comezar con este reto?
Aquí tedes uns xogos interactivos para seguir aprendendo:
PasaLaLetra Snack Lab (versión avanzada)
Ola! Hoxe celebramos o Día da paz e non violencia continuando co camiño emprendido o ano pasado prantando árbores, pero este ano creamos a nosa árbore simbólica da paz que quedará no cole para ser un punto de calma, diálogo e reflexión. O noso lema foi Cultivamos a paz, e segundo os obxectivos do proxecto de consumo responsable, empregamos os anacos de tea que cada familia aportou para adornar a árbore e deseñar unhas preciosas pulseiras.
Ademais fixemos varias actividades plásticas, recitamos unha poesía acompañados de Breixo e a súa música e bailamos a danza da Paz de Mamá Cabra, para rematar co baile que preparou a profe de Música.
Unha xornada moi completa e enriquecedora. Parabéns a todos e todas polo voso traballo e actitude!
Pinchade na ligazón para ver máis fotos e vídeos:
Hello children, ¿os acordáis que estuvimos viendo en " English Class" la receta de un postre típico inglés? Pues aquí tenéis las fotos que me mandó Marco con su "TRIFFLE" hecho en casa. Sólo puedo decir: "Yuuuuuummmy"
Hoxe visitamos a biblioteca do cole como todos os xoves. Os nenos e nenas aproveitamos estas sesións para facer os nosos contacontos, nos que lemos, compartimos, dialogamos e aprendemos xuntos. Nestas fotos podedes ver unha mostra.
Estes días estudamos na clase as localidades e o goberno do municipio, e para entender mellor como funcionan as eleccións municipais, fixemos o noso propio proceso electoral.
Os candidatos a concelleiros e concelleira presentaron as súas propostas e iniciaron a campaña.
E por fin chegou o día das votacións...
O noso Secretario, Enzo, fixo reconto de votos...
Os outros candidatos, Breixo, Marco,Adriano, Yago, Pelayo, Iago, Antony e Joao, foron nomeados concelleiros.
Foi unha actividade moi interesante e divertida coa que aprendemos moito.
Parabéns a todos e todas! Fixéstelo xenial!
Comezamos o trimestre con estas fichas para repasar a multiplicación. Ánimo e adiante!
https://es.liveworksheets.com/as472114qv