venres, 22 de marzo de 2024

SUPERHEROES DA ENERXÍA

Xa estamos preparados para comezar a nosa aventura como superheroes da enerxía, porque imos participar no Programa Endesa Educa Dixital.

Teremos que completar varias misións sobre enerxías renovables e mobilidade para axudar a salvar o mundo.

Adiante!




PROGRAMA TEI: O ENCARGADO

Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, chamada O encargado, onde, a partires dunha curta, reflexionamos e debatemos sobre o acoso escolar, poñéndonos na pel do acosado e do acosador. Traballamos  a empatía e a sensibilización.

 Estes días tamén nos visitou Lucía para falarnos da importancia de comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia, para o que temos O punto Laranxa no cole. Debuxámonos co cabelo desta cor para simbolizar o noso compromiso de apoio.



mércores, 20 de marzo de 2024

VISITA A MIÑA LOCALIDADE

FOLLETOS TURÍSTICOS PARA COÑECER SADA, FEITOS POLO ALUMNADO COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

Parabéns por un traballo tan bonito!

Pinchade na imaxe
 


martes, 19 de marzo de 2024

PROXECTO SADABONA: PALENCIA

  Hoxe visitounos Eva, a nai de Mateo, para falarnos da súa provincia de orixe, Palencia. Contounos moitas cousas interesantes e puidemos coñecer lugares, fauna, monumentos, deportes e curiosidades deste precioso lugar.

 Xogamos, participamos, preguntamos e fixemos un test para ver o atentos que estivemos e o que aprendemos.

Ademais, Eva tróuxonos doces típicos de Palencia e uns preciosos marcapáxinas que fixo para nós. 

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe

Moitísimas grazas, Eva, por esta sesión tan interesante e divertida!

 

venres, 15 de marzo de 2024

TEATRO: HUGO

  Hoxe asistimos en AFUNDACIÓN á  obra de teatro Hugo, que nos fala da empatía, da necesidade de comunicación e da beleza da diferenza. 

Porque ser diferentes fainos grandes



xoves, 14 de marzo de 2024

PROGRAMA TEI CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

 Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, na que a partires do conto Por catro esquiniñas de nada, traballamos valores como a integración e a  inclusión. Reflexionamos sobre o que lle pasaba ao protagonista  e buscamos diferentes perspectivas e solucións. Para rematar fixemos o noso mural no que eliximos a figura que máis nos gustaba, representando que todos somos diferentes e é a porta e a sociedade a que ten que adaptarse a cada persoa.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade