Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, chamada O encargado, onde, a partires dunha curta, reflexionamos e debatemos sobre o acoso escolar, poñéndonos na pel do acosado e do acosador. Traballamos a empatía e a sensibilización.
Estes días tamén nos visitou Lucía para falarnos da importancia de comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia, para o que temos O punto Laranxa no cole. Debuxámonos co cabelo desta cor para simbolizar o noso compromiso de apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario