Hoxe realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI, na que a partires do conto Por catro esquiniñas de nada, traballamos valores como a integración e a inclusión. Reflexionamos sobre o que lle pasaba ao protagonista e buscamos diferentes perspectivas e solucións. Para rematar fixemos o noso mural no que eliximos a figura que máis nos gustaba, representando que todos somos diferentes e é a porta e a sociedade a que ten que adaptarse a cada persoa.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade
Ningún comentario:
Publicar un comentario