Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa. Canto nos gusta a súa música e canto aprendemos con eles!
Ademais realizamos ao longo da semana varias actividades sobre a vida e obra de Florencio Delgado. Traballamos especialmente dous poemas deste autor, A caldeira, co que fixemos un caligrama colectivo, e Pandeirada, do que cada neno e nena fixo a súa propia representación.
Tamén deseñamos marcapáxinas para o concurso organizado polo Concello de Sada, no que o noso compañeiro Breixo foi un dos gañadores. Moitos parabéns para el e para todos e todas os que participaron.
Déixovos un pequeno vídeo resumo e se queredes ver máis pinchade na ligazón.E non vos esquezades de escoitar o Tarabelo adicado ás Letras Galegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario