Hoxe tivemos a nosa excursión de fin de curso ao Muíño de Pedroso e pasamos un día fabuloso desfrutando da natureza, xogando e aprendendo xuntos.
Realizamos un obradoiro de cestería no que tivemos que esforzarnos moito para ir rematando as nosas obras e dímonos conta do difícil que é o traballo dos artesáns e canto hai que valoralo. E outro de plantas aromáticas, no que fixemos uns saquiños con herba luísa, lavanda e romeu, que despois adornamos con follas e flores que nós mesmos recollimos no entorno.
Pero tamén tivemos tempo para xogar libremente e ser uns fantásticos exploradores e para facer unha pequena ruta e coñecer a marabillosa paisaxe que nos arrodeaba; as árbores, o río, o muíño e ata as pegadas dos animais.
E para rematar unha sesión divertidísima de xogos na que rimos a cachón.
Pinchade na ligazón para ver todas as fotos e vídeos da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario