Hoxe realizamos unha actividade de ROBÓTICA co TALE-BOT, na que aprendemos e practicamos a sinalización no noso colexio.
As diferentes aulas, espazos e instalacións están identificadas con pictogramas para comprender mellor o noso entorno, co obxectivo de eliminar as barreiras de comunicación e facilitar que todos os nenos e nenas teñan as mesmas posibilidades de desenvolverse.
Facemos o noso centro educativo máis accesible, para unha educación innovadora e inclusiva.
Podedes ver algunhas fotos pinchando na imaxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario