Hoxe tivemos no noso colexio o acto de presentación da PRIMAVERA DAS LETRAS, que achega ao público infantil a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, neste ano Luísa Villalta. Puidemos asistir na Casa da Cultura a unha obra de teatro sobre a súa vida, realizada polo alumnado de 6º de EP e na que tamén participaron alumnos e alumnas doutras clases. Parabéns Carmen, María, Marta e Theo! Ademais, durante estes días, realizamos diferentes actividades para coñecer á escritora coruñesa.
Podedes ver as fotos de toda a xornada na web do colexio
Ningún comentario:
Publicar un comentario