Estes días realizamos a actividade do PROGRAMA TEI Sabes o que é realmente unha broma?
Baseándonos nun vídeo, reflexionamos sobre a necesidade de facer do espazo dixital un espazo seguro e sobre o que é realmente unha broma. Pensamos na súa definición e en exemplos e situacións que experimentamos e que nos fixeron sentir ben ou non e as diferentes emocións que sentimos.
Finalmente, recollemos o traballado nun mural colectivo coas aportacións de todo o grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario