Hoxe despois do recreo tivemos sesión de cine na clase. Foi moi divertido porque tivemos que comprar as entradas e as palomitas na taquilla que improvisamos na clase e a profe Lucía era a que cobraba. Tiñamos que pagar cos cartos axeitados e ter os suficientes para poder pagar as palomitas. Despois, o noso compañeiro David recollía as estradas e asinábanos unha sala para poder ver a película. Foi comomir ao cine de verdade!
Disfrutamos da película " Do revés 2", aínda que temos que rematar o próximo venres de vela para poder comentala despois.
Pincha na imaxe para poder ver as imaxes e os vídeos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario