xoves, 27 de marzo de 2025

PASANDO A BÓLA

 Hoxe participamos no programa da Xunta "Pasando a Bóla", que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar.

A actividade consistiu nunha representación teatral da man do grupo A Xanela do Maxín, que coa colaboración do alumnado puxo en escena diferentes situacións ralacionadas co acoso. As nenas e nenos espectadores tamén se converteron en parte activa do proceso aportando ideas para resolver os comportamentos contrarios á convivencia representados.

Foi unha actividade mpi enriquecedora que de forma lúdica nos fixo conscientes do negativo deste tipo de actitudes.

Podes ver as fotos se pinchas na imaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario