mércores, 10 de setembro de 2025
BENVIDOS A 3º
Comezamos o novo curso con moitas ganas de aprender, compartir e descubrir!
Preparados para esta nova aventura?
martes, 17 de xuño de 2025
MUIÑO DO PEDROSO
Chegou o día tan esperado por todos e todas!
Hoxe fómonos de excursión ao Muiño do Pedroso, donde pasamos un día moi divertido e que recordaremos sempre.
Se pinchades na imaxe veredes as fotos da xornada.
xoves, 12 de xuño de 2025
Despedida TEI
Hoxe despedímosnos nos nosos titores con xogos, diversión e moita emoción!
Pero non é unha despedida para sempre, pois sempre poderemos recurrir aos nosos titores sempre que precisemos axuda e alguén con quen falar e compartir a nosa preocupación.
Se pinchas na imaxe poderás ver as fotos e vídeos da xornada.
luns, 9 de xuño de 2025
Preparando o salón do cómic
Despois de todo o curso traballando sobre Snoopy, toca xuntar todo o material e preparar o no so salón do cómic da aula de 3º. Divertímonos moito creando os nosos propios cómics e aprendimos tamén moitas cousas.
Pincha na imaxe e poderás ver algunhas fotos.
xoves, 5 de xuño de 2025
Xogamos e aprendemos
Encántanos aprender matemáticas xogando cos xogos do noso recuncho matemático. Esta semana engadimos dous xogos máis : as canicas e a ruleta tirolesa. Se queremos xogar, temos que calcular!
Se pinchas na imaxe poderás ver algunhas fotos.
venres, 16 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS
Hoxe desfrutamos do noso Festival das Letras Galegas, esperamos que vos gustara moito, pois preparámolo con moita ilusión.
Se pinchas na pandeireta poder ver as fotos da xornada.
xoves, 15 de maio de 2025
CAPITÁN MAREAS
Hoxe pasamos unha xornada de mañán espectacular na lonxa de Sada. Aprendimos moitas cousas sobre os peixes, o marisco, o camiño que fai o peixe desde que chega nos barcos ao porto de Sada. Puidemos tocar os peixes e aprender a diferencia entre o peixe azul e o blanco. Tamén nos contaron que información temos que ver na tarxeta informativa que ven no peixe, así como o control de calidade que ten que ter o peixe ata chegar aos lugares de venta. Aprendimos que es Sada faise pesca de cerco e que antigamente o noso porto era un dos máis importantes e referente en toda esta zona.
Ademáis, aprendimos a elaborar un menú saludable e a súa importancia para o benestar físico e mental. pero non pensedes que foi solo teórico, non non, tivemos que poñernos mans á obra cun mandíl e elaborar os platos saudables que foron abaliados polos expertos.
Finalmente, contamos coa elaboración dun plato degustación da man de Lolo Mosteiro, chef de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos). Explicounos a súa preparación e elaboración paso a paso e despois tivemos que emplatalo antes de podelo comer.
A que non sabedes con que ingrediente foi preparado? con sardiña!
Aínda que ao principio non nos apetecía moito o de comer peixe, ao final repetimos tantas veces que Lolo tivo que facer máis.
Pasámolo moi ben e aprendimos moito!
Pincha na imaxe e poder ver a fotos e os vídeos da xornada.
martes, 13 de maio de 2025
As Cantareiras
Hoxe tivemos un obradoiro de cantareiras na aula cunha cantareira moderna. Falounos da importancia das cantareiras na transmisión da nosa cultura galega, de como o facían e qué utilizaban para tocar, porque non había as pandeiretas modernas que hai ahora e utilizaban cunhas, tixolas, botellas e todo aquilo que lles servía para facer música.
Tamén nos ensinou como se recopilou toda a información sobre as cantareiras, un traballo de campo de búsqueda e entrevistas que reproducios na clase. Por un intre, convertémonos en investigadores e investigadoras e fixemos unha entrevista a unha cantareira para recopilar información.
Se pinchades na imaxe, podedes ver as fotos e algún vídeo da xornada.
venres, 9 de maio de 2025
Obradoiro de habiliades en bicicleta
Dentro do Plan Proxecta de Mobilidade segura e Sostible, o alumnado de 3º participou nun obradoiro de habiliades para aprender a andar en bicicleta e patinete.
Pinchade na imaxe para ver as fotos de cada curso.
venres, 25 de abril de 2025
PADRIÑOS LECTORES
Un ano máis, celebramos o día do libro lendo un conto a outros cursos, o que nos parece algo fantástico e divertido. A nós tocounos lerlles contos aos nenos e nenas de 2º de primaria.
venres, 4 de abril de 2025
Inauguración do supermercado na aula
Hoxe inauguramos con moita emoción o "Maeket Snoopy" na aula. É unha forma moi fácil de aprender a utilizar o diñeiro e moi divertida.
mércores, 2 de abril de 2025
2 DE ABRIL, DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Hoxe 2 de abril, conmemoramos o Día da Concienciación do Autismo realizando un mural colaborativo entre todo o alumnado da clase.
É fundamental transmitir unha mensaxe de respecto frente a diversidade e colaborar para que as persoas con autismo poidan disfrutar nunha sociedade respetuosa e tolerante.
venres, 28 de marzo de 2025
CONTANDO E RECITANDO
Hoxe recitamos un conto en galego toda a clase e pasámolo moi ben coa grabación. Practicamos durante moitos días para que cada un de nós aprendera a súa parte e así poder grabalo e vernos en acción. Ao final, toda a clase aprendeu o conto completo e casi sen esforzo.
Se pinchas na imaxe poder ver o vídeo co noso conto.
xoves, 27 de marzo de 2025
PASANDO A BÓLA
Hoxe participamos no programa da Xunta "Pasando a Bóla", que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar.
A actividade consistiu nunha representación teatral da man do grupo A Xanela do Maxín, que coa colaboración do alumnado puxo en escena diferentes situacións ralacionadas co acoso. As nenas e nenos espectadores tamén se converteron en parte activa do proceso aportando ideas para resolver os comportamentos contrarios á convivencia representados.
Foi unha actividade mpi enriquecedora que de forma lúdica nos fixo conscientes do negativo deste tipo de actitudes.
Podes ver as fotos se pinchas na imaxe.
venres, 21 de marzo de 2025
3º EP VAI DE CINE
Hoxe despois do recreo tivemos sesión de cine na clase. Foi moi divertido porque tivemos que comprar as entradas e as palomitas na taquilla que improvisamos na clase e a profe Lucía era a que cobraba. Tiñamos que pagar cos cartos axeitados e ter os suficientes para poder pagar as palomitas. Despois, o noso compañeiro David recollía as estradas e asinábanos unha sala para poder ver a película. Foi comomir ao cine de verdade!
Disfrutamos da película " Do revés 2", aínda que temos que rematar o próximo venres de vela para poder comentala despois.
Pincha na imaxe para poder ver as imaxes e os vídeos.
xoves, 20 de marzo de 2025
ACTIVIDADE MUSICAL RRREDOBRA E VISITA - OBRADOIRO DE ESCULTURA
Entrega de diplomas do campionato de petanca.
Despois das duras competicións, chegou o gran día da entrega de diplomas do campionato de petanca.
Disfrutámolo moito e pasámolo moi ben!
venres, 14 de marzo de 2025
Matemáticas divertidas
Para aprender matemáticas dun xeito máis divertido e non quedar durmidos coas eternas explicacións da profe, estamos creando na aula dous recunchos moi divertidos. Un recuncho cun pequeno supermercado no que poder comprar e vender e así aprender a dominar a utilización do diñeiro, os decimais, sumas, restas, divisións.....Temos dúas caixas rexistradoras e moitos produtos !
Pero como tamén temos que poñer a proba o noso cerebro, tamén estamos diseñando un pequeno recuncho con xogos de lóxica matemática, numeración, conteo e tamén xogos para poñer a proba a nosa paciencia.
martes, 11 de marzo de 2025
SUPERHEROÍNAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este ano, para a conmemoración do día 8 de marzo, o alumnado do centro creou o su propio modelo de superheroína. De entre todos saíron escollidos os que se representaron nun mural para data tan sinalada e que pende dun estandarte na entrada do colexio. E para darlle máis emoción aínda, o alumnado tivo que votar a un modelo de superheroína favorito para que nos represente. Quén será a nosa superheroína gañadora?
venres, 28 de febreiro de 2025
Festa de entroido
Un ano máis o noso cole celebrou o entroido con moita ledicia e color. Puidemos disfrutar dun día de disfraz libre e deixar voar a nosa imaxinación e hoxe, venres, celebrar dunha festa de entroido con moito humor levando polas rúas os nosos cómics visuais.
Nós disfrutamos moito representando a Snoopy polas rúas da nosa vila, bailamos, cantamos e rimos.
Se pinchas na imaxe de abaixo poderás ver todas as fotos.
venres, 14 de febreiro de 2025
TEI
Hoxe celebramos o día do amor e a amizade coas nosas titoras e tirores de 5º. Xuntos realizamos uns retratos que intercambiamos.
Debuxamos, falamos e compartimos!
Pincha na imaxe para ver as fotos da actividade.
martes, 11 de febreiro de 2025
DÍA DA INTERNET SEGURA
Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE ( Instituto Nacional de Ciberseguridade).
Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.
Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos da actividade.
venres, 7 de febreiro de 2025
PLAN PROXECTA CHARLA STOP ACCIDENTES
Hoxe visitounos Guillermo, un técnico de Stop Accidentes para contarnos moitas cousas importantes que debemos ter en conta cando nos desprazamos pola rúa. Reflexionamos sobre a solidaridade entre nós pode axudar a garantir a nosa seguridade vial.
venres, 31 de xaneiro de 2025
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Hoxe tivemos unha divertida xornada de convivencia na que todo o cole compartimos e xogamos xuntos para conmemorar o Día Escolar da non violencia e da Paz.
Pasámolo moi ben!